Acerca de Santiago Vázquez
Sociólogo, Economista e licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, ademáis de PDD polo IESE. A súa traxectoria profesional está ligada ao mundo dos RRHH, especializándose en motivación, liderado, coaching e felicidade no traballo. Santiago leva vinte anos traballando na xestión de persoas en España, República Dominicana e Filipinas. Nunha primeira etapa traballou en Unión Fenosa ata que se incorporou a R no momento da súa creación.
Acerca desta TEDxTalk
Santiago presenta o enfoque diferente dun traballo en xestión dos recursos humanos que ten como un dos seus elementos clave a procura da felicidade do empregado. Mostranos nestra charla as bases un modelo aplicado de busca da felicidade no traballo.
Acerca dos TEDx
Co ánimo de difundir as ideas que merecen a pena ser compartidas, TEDx é un programa de eventos locais, organizados de maneira independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás que se viven nas conferencias TED. Nun evento TEDx combínase o visionado de vídeos de TEDTalks con charlas en vivo para favorecer a conexión entre o público e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. Estes eventos locais e auto organizados denomínanse TEDx, onde x = evento TED organizado de maneira independente. A Conferencia TED proporciona directrices xerais para o programa TEDx, pero cada evento TEDx é auto-organizado.
source